viernes, 13 de noviembre de 2015

Cine en curso. Comezamos!



Xa en marcha!


A primeira sesión de traballo no cole...






Compartimos os nosos coñecementos previos, plasmando na pizarra unha nube de palabras que nos suxire o cinema. Despois quixemos inmortalizalo nun cadro que temos colgado nun recuncho da aula dedicado ao proxecto "Cine en curso".




Estrenanos os nosos cadernos de cine, respostando a unhas cuestión previas, que fixeron que nos déramos conta que aínda temos moito que aprender...







Reflexionamos tamén sobre a xornada no CGAI, e escribimos sobre as nosas inquedanzas e as espectativas que temos respecto a este proxecto.















Javier colgou na aula de sexto unha pizarra na que iremos expoñendo os traballos que imos realizar. 






Aprendimos que son os planos e como poden ser, así como a angulación da cámara, e saímos polo colexio a practicar os nonos primeiros planos. Algúns nos animamos a gravar algún travelling de camiño á escola, xa que a paixase estes días, coa néboa, era espectacular.































Tamén esta semana chegounos ao colexio unha nova pantalla, que se puxo na entrada, para que os nosos compañeiros, familias e visitas podan ver os nosos traballos.



Vedes que foi unha semana moi intensa... pero aínda será máis a seguinte, cando veña Marcos Flórez, o noso cineasta. Xa nos tarda!

Tamén podedes seguir o noso traballo no blogue EntreLetras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario