lunes, 9 de noviembre de 2015

Cine en Curso!



Seleccionados con sólo catro novos centros galegos, os nosos nenos de 5º e 6º participarán no proxecto Cine en Curso, do Programa Proxecta.

Iniciamos o pasado sábado, 7, con formación para o profesorado e, hoxe, día 9, os nenos acudiron á primeira sesión formativa, na sede do CGAI, na Coruña. Alí descubrimos distintos xeitos de filmar documentais, como os que teremos que ir gravando durante este ano: travelling, diario de lugares e retratos.

Para finalizar o día, fomos ata a Casa das Ciencias, para visitar o Planetario e a Exposición Científica.

Compartimos convosco todas as fotos do día.



No hay comentarios:

Publicar un comentario