miércoles, 18 de noviembre de 2015

Preparados!




Estes días seguimos traballando no noso proxecto . Fomos rematando os textos da visita ao CGAI e escribindo nos nosos cadernos as primeiras impresións e as expectativas que temos co "Cine en curso". 





Tamén nos presentamos no Diario do Proxecto. Cada un de nós, a carón da súa foto, escribimos o que esperamos aprender, que vén sendo as ganas que todos temos de empezar a gravar e facer unha película...

Coñecimos por riba a web de cinemaencurs e o diario dos obradoiros. Xa temos publicadas tres entradas!

Tamén puxemos cartulinas negras para escurecer totalmente a aula de sexto. E quixemos identificar convenientemente a nosa aula como a "aula do cinema", escribindo a nosa nube de palabras no cristal do corredor.

E seguimos subindo planos ao noso canal de Youtube, que tamén están colgados na entrada anterior de Cine en Curso neste blogue.

Mañá terá lugar a nosa primeira sesión con Marcos Florez, o noso cineasta. Estamos moi ilusionados!







No hay comentarios:

Publicar un comentario